Como interactuamos na empresa de acordo aos patróns de comportamento de cada perfil

Como identificarnos cun dos perfís DISC e as súas cores representativas e, por tanto, actuar en consecuencia cos nosos equipos e clientes ou percibir a diferenza de como nos vemos nós e como nos ven os demais de acordo ás características dominantes de cada perfil.

Esta temática foi o eixo, esta mañá, dos último Nexos, Encontros por Ourense deste ano, organizados pola CEO en colaboración con Abanca. Na presentación, tanto Marisol Novoa, presidenta da Confederación, como José Manuel Nogueira e Mateo Alonso, coincidiron en que estas sesións abarcaron unha temática moi variada e de interese para o tecido empresarial, adaptada aos tempos actuais marcados pola crise sanitaria e económica que atravesamos, unha ‘combinación perfecta, en palabras de Novoa, pois pois tan importante como a dixitalización empresarial ou a normativa, é o apartado das habilidades directivas e a súa xestión’. Por parte da entidade bancaria, tanto Nogueira como Alonso indicaron a necesidade de continuar ofrecendo estas xornadas das que destacaron o seu aproveitamento para o día a día empresarial.

AVANTAR ACTIVIDADES

A quenda de hoxe foi para o terreo das emocións, o liderado e a toma de decisións, e como interactuamos co equipo e os clientes no ámbito empresarial, segundo o predominio dunha personalidade ou outra. Para explicar isto, Eva Muñoz, docente e formadora en habilidades directivas, sociais e comunicativas para o éxito, introduciu o concepto dos perfís DISC, 4 tipos de características que confiren unha personalidade distinta e que están relacionadas cunha cor.

Desta maneira, a D é Decisión / Dominancia (vermello) e explica como se responde a desafíos e retos, e caracteriza a unha persoa directa, orientada a resultados, firme, tenaz e competitiva, neste perfil a palabra chave é RESULTADO. A I é de Influencia (amarelo) e define como se relaciona e inflúe nas persoas e define a unha persoa sociable, locuaz, persuasivo, extrovertido e optimista, a palabra chave para este perfil é PERSOAS. A continuación, están os verdes para a S de Serenidade ou como se responde ao ritmo das cousas e os cambios, e mostra a persoas analíticas, meticulosas, sistemáticas, perfeccionistas e precisas; a súa palabra definitoria é SEGURIDADE. E, por último, Muñoz definiu aos azuis ou a C de Cumprimento / Control e como se responde ás normas establecidas, son persoas serenas, pacientes, humildes, coidadosas e modestas, cunha palabra que define ou predomina neste comportamento e é PROCESOS.

Cada prevalencia dunha cor nunha persoa determina a súa toma de decisións, a súa capacidade de influencia, a súa forma de comunicar ou a súa relación co equipo e clientes, e moitos máis aspectos que a relatora foi desmenuzando ao longo da intervención. Coñecer as cores que predominan no equipo de traballo e tratando ás persoas segundo o seu estilo de personalidade permite minimizar os conflitos e maximizar os obxectivos e resultados.

En definitiva, DISC serve como unha ferramenta de avaliación, clasificación e predición do comportamento humano #ante distintas situacións, e axuda a identificar os perfís de comportamento do equipo e os clientes nunha empresa e na vida persoal