O Carballiño preocupa sumando 27 contaxios, para ter un total de 244 casos activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 244 casos activos, 27 contaxios máis ca onte. Maside sobe ata os 48 casos, tres mais ca onte. Boborás sobe cinco ata os 25 contaxios. San Amaro baixa ós 18 casos, cinco máis e Punxín sobe ós 12 casos. San Cristovo sobe dous ata os 19 contaxios. O Irixo sobe ós nove casos. Piñor conta con 5 casos. Beariz sobe ós 4 casos.

No Ribeiro, Ribadavia sobe 13 casos ata os 89 casos activos. Melón sobe ós 31 casos activos, Carballeda de Avia baixa ós 12 casos. Leiro sobe ós 17 casos. Cortegada conta con 11 casos. Castrelo de Miño sobe ós 11 casos Avión conta con 10 e Arnoia baixa ós 9. Beade conta con 4 casos. Cenlle conta con 3 casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 5.797 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un repute notable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 41.800, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 50 (=) están en UCI e 270 (-1) en unidades de hospitalización. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 678 contaxios novos, unha cifra que ascende con respecto a onte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 4.423 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 49 (+5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (-1)  na UCI.