A ocupación hostaleira seguirá tendo cifras de récord logo da Festa do Pulpo

As expectativas en canto a este verán están cumprindo a marca de recuperación logo de dous anos de pandemia a medio gas. Este ano tamén voltaron os grandes eventos, o que trouxo consigo a un número importante de turismo. No Carballiño, as semanas de maior afluencia son a semana da Festa do Pulpo e a semana previa, na que pasaron pola vila milleiros de persoas, deixando unha ocupación sobre todo nesta pasada semana do 100%.

A achega de visitantes foi todo un reclamo. Dende o concello aseguran que ata algúns locais tiveron que pechar por rematar co abastecemento. Cifras coma estas supoñen un pulo importante, sobre todo despois dos meses difíciles pasados.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto á oficina de turismo, destaca sobre todo a afluencia de visitantes de Cataluña, seguidos de Andalucía e da zona centro de España, e tamén gran afluencia por parte do turismo inglés.

E tamén seguiremos con boas cifras de ocupación co evento deportivo desta fin de semana, co Rallye Pazo Tizón, no que se prevé que en torno ás 800 persoas tendo en conta so os participantes e os seus equipos queden no Carballiño e nos concellos próximos e sabendo que o mundo do motor move a grandes cifras de afeccionados.