O Carballiño recupera a tendencia á alza e sobe nove casos ata os 362 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 362 casos activos, 9 casos máis ca conte. Boborás baixa un caso ata os 46. Maside baixa un ata os 44. Cea sobe dous casos ata os 26. Punxín baixa un caso ata os 23. San Amaro e Piñor contan con 18 casos cada un deles. O Irixo sobe un caso ata os 10 e Beariz baixa un caso ata os 6.

No Ribeiro, Ribadavia mantén 147 casos activos. Cortegada mantén os 47 casos activos. Carballeda de Avia sobe ós 38. Leiro sobe ós 28. Avión mantén 18 casos. Melón e Castrelo de Miño contan con 13 casos cada un deles. Cenlle conta con 12 casos. Beade mantén 4 casos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 6.341 contaxios. O número de casos activos volve a ascender hoxe ata os 78.692. A ocupación das camas dos hospitais redúcese. Do total de pacientes positivos en Galicia, 53 (=) están en UCI e 507 () en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 706 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais volven subir ata os 8.242 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 67 () persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 ()  na UCI.