O experto en saúde pública, Juan Gestal, fala sobre a pandemia ós alumnos do IES nº1

Juan Jesús Gestal Otero é profesor emérito de medicina preventiva e saúde pública e tamén director da cátedra de hidroloxía médica na USC-Balnearios de Galicia. Gestal estivo hoxe o centro IES nº1 do Carballiño, ofrecendo unha conferencia ós mozos deste instituto sobre a pandemia da covid-19 e a incógnita do seu fin.

Gestal é ademais un firme defensor da vacinación e cualifica esta carreira para a creación dunha vacina como un éxito que permitiu que as consecuencias fosen menos das que puideron ser.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, puxo en valor o bo comportamento tanto da xente moza como da poboación en xeral, acatando, a na súa maioría, todas as restricións implantadas.