Xornada de peritacións da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense

A Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense ( ATAVE), en colaboración coa empresa ZeltiaLac e a participación de Jon Ureta Freire, unha das voces especializadas no sector das peritaciones e valoración de danos de vehículos a nivel nacional, organizaron unha xornada denominada “Formación en peritaciones e baremos de valoración”, na que estiveron presentes 60 talleres de toda a provincia.
Nesta xornada de formación realizada nas instalacións da asociación, os asociados puideron mellorar os seus coñecementos nunha materia de actualidade e que agora mesmo forma parte do día a día dos talleres da provincia.
Esta xornada forma parte dunha serie de accións que está a poñer en marcha a nova directiva de ATAVE co fin de apoiar e formar aos seus asociados co obxectivo de frear os abusos que desde as compañías aseguradoras realízanse de maneira continua cos talleres.
Para máis información sobre a xornada ou outras que se realizarán durante as próximas semanas, non dubiden en enviar un correo electrónico a comunicacion@atave.com .