O BNG recolle firmas no Carballiño en defensa do transporte ferroviario

O BNG do Carballiño recolleu sinaturas hoxe aproveitando a celebración da feira na vila. O motivo non é outro que a demanda dunha rede ferroviaria galega de calidade e que dentro da campaña Queremos tren! están a desenvolver desde a formación nacionalista.

Piden que a Xunta de Galiza asuma todas as competencias en materia de ferrocarril interior, a recuperación das paradas de tren alí onde haxa apeadeiros ou estacións, que o tren sexa considerado un servizo público básico, universal e economicamente sustentable ou a mellora da oferta horaria para facilitar os desprazamentos de estudos e traballo, entre outras medidas.

AVANTAR ACTIVIDADES