XOVES 31 DE MARZO ÁS 20:00 NA CASA DA CULTURA
O grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, ven de presentar una proposición de lei galega de residencias de maiores.
Na Galiza, estamos a falar ao respecto dun sector sen regulación.
A ratio é de 3 prazas por cada 100 maiores de 65 anos, lonxe das rateos recomendadas pola OMS.
8 de cada 10 prazas de residencias en Galiza son privadas, xestionadas por grandes grupos de investimento.
A Xunta de Galiza drena cantidades inxentes de diñeiro público para soster o negocio das empresas privadas.
Consecuencias do modelo privatizador son:
- listas de agarda para acceder a unha praza.
- Profunda inxustiza social e desigualdade territorial
O xoves 31 de marzo ás 20:00 na Casa da Cultura, no Carballiño, Olalla Rodil, Viceportavoz 1ª do grupo parlamentar do BNG. Portavoz das areas de servizos sociais, feminismo, innovación ,ciencia e control da CRTVG; falará e dará cumprida información dos aspectos máis relevantes da proposta de lei galega de residencias de maiores .No acto participará Tamén a concelleira do BNG no Carballiño Sofía García e o responsable local do BNG Andrés Fernández.