O carballiñes Felipe Senén recibe o premio Insua dos Poetas na categoria de Investigación e promoción cultural

O próximo sábado día 16 e coincidindo ca celebración da XIV Festa da Palabra, que este ano esta adicada ao grupo Brais Pinto terá lugar a entrga dos Premios Insua dos Poetas

Xurado: Luís González Tosar ( Pte Fundinsua), Xavier Castro Martínez ( Secretario), Celso Sánchez ( Vocal), Antón Pulido ( Vocal), Diego Fernández ( concelleiro de Cultura do Carballiño), César Fernández Gil( Vicepresidente 2° DepOU) e Anxo Lorenzo ( Director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades)

AVANTAR ACTIVIDADES

No apartado de Investigación e promoción cultural recibirá o premio o carballiñes Felipe Senén López Gómez

Felipe ( arqueólogo, historiador e secretario da Academia de Belas Artes de Galicia, entre outras moitas cousas ) presume de carballiñes ala onde vai. Son innumerables os actos nos que ten participado na nosa vila. Sempre disposto e de forma totalmente desinteresada e cun obxectivo: preservar o patrimonio cultural e artistico do noso pobo.

Dende fai tempo Felipe colabora con Badal Novas publicando de forma periodica ártigos que teñen que ver con todo o que el defende. Son xa 76 ártigos ( sobre o barrio de Floes, as covas das Adegas, o templo da Veracruz, as pontes sobre os rios do Carballiño, a praza de Abastos, a feira, a praza maior, a igrexa vella, o río Arenteiro, Santa Baia de Banga, os arrieiros, a residencia de tempo libre, os irmáns Prieto, o chalet Col, o entroido, a casa consistorial, o reloxo da torre do concello etc…)

Os outros PREMIADOS


Música: Bieito Romero ( músico e fundador de Luar na Lubre)


Artes Plásticas: Pilar Corredoira ( crítica de arte e curadora de exposicións)


Teatro: FETEGA ( Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, por 33 anos de teatro desde O Carballiño)

Cultura na Emigración: José María Vila Alén ( membro do Grupo Nós da Arxentina, fundador e expresidente do Centro Galicia de Bos Aires)

Literatura: Ramón Caride Ogando (nacido en Cea e un dos máis destacados escritores actuais das letras galegas)


Cultura Rural: Cos pés na terra ( programa da TVG)

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén