Nota de Felipe Senén ante o premio Insua dos Poetas

Ante a cantidade de parabéns recibidos – especialmente a través das redes sociais, polo meu , coido que inmerecido,  agasallo na Insua dos Poetas, e non ter o enderezo de cada un – quero dicir que a verba “grazas” resulta insuficiente e tópica, que cada nome, cada xesto, cada palabra de vellos amigos e mesmo descoñecidos, aviva as miñas ansias de ser de onde son, un humanista do Carballiño e de Galiza. Santa Trindade, relixión herdada dos mestres ourensáns de “Nós”, Aura na que estades e á que procuro servir con dignidade, fronte aos novos esperpentos campantes. Esa vella lealdade é o que me poida distinguir algo.

Felipe-Senén

AVANTAR ACTIVIDADES