O Grupo CER&BER dona entradas do xantar da Festa do Pulpo para recaudar fondos destinados á nova residencia de Aspadisi

A Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da Comarca do Carballiño e o Ribeiro (Aspadisi) volve a recibir a axuda por parte do Grupo CER&BER. O grupo recibe como patrocinador da Festa do Pulpo entradas para o xantar popular no recinto. Como acción solidaria, o grupo decidiu regalar estas entradas e outras máis á asociación Aspadisi, ca finalidade que se poñan á vendan para recadar diñeiro.

A contía obtida da venta destas entradas, estará destinada para a construción na nova residencia. As entradas terán un prezo mínimo de 50 euros, que se pode incrementar segundo a vontade dos compradores. Estarán dispoñibles dende hoxe mércores, na recepción do ApartHotel Arenteiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Campaña de doazóns en marcha

A construción da nova residencia supera o presuposto dun millón de euros. Diversas administracións, así como concellos e entidades privadas, entre as que destaca tamén CER&BER, xa aportaron o seu grao de area. Actualmente serían necesarios 200.000 euros para o remate e dotación de mobiliario e acondicionamento do centro. Dende Aspadisi, acudiron á obra social de diferentes entidades bancarias, tamén de novo a empresas privadas e tamén á cidadanía, que xa amosou a súa solidariedade na campaña posta en marcha no pasado mes de decembro, na que recibiron por parte de máis dun centenar de persoas 25.000 euros.

A nova residencia, unha realidade a finais de ano

A nova residencia, actualmente en fase de construción no primeiro piso da edificación destinada ó Centro Ocupacional, estará dispoñible para o seu uso a finais de este ano. Esta nova planta contará con 32 prazas, distribuídas en 16 habitacións, que serán ocupadas tanto polos usuarios e as súas familias. Os membros teñen prioridade para o seu uso, aínda que poderán ocupala novos membros ou persoas alleas sempre que haxa prazas vacantes.