En Cortegada: Convocatoria para a contratación laboral temporal dun/a técnico/a en animación sociocultural

Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal, ata o 31 de decembro de 2022, dun/a técnico/a en animación sociocultural para desenvolver o Plan Corresponsables Cortegada [2483/2022]

segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno do 14 de outubro de 2022:

  1. Número e denominación das prazas: 1 técnico/a en animación sociocultural.
  2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa.
  3. Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 2022.
  4. Sistema de selección: concurso-oposición.
  5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro do Concello ou por calquera dos medios
    admitidos en dereito.
  6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección poderase obter nas oficinas municipais e na sede electrónica do Concello.
    Cortegada, 17 de outubro de 2022. O alcalde