A Deputación organiza ,produtos turístico-termais asociados ao deporte e á saúde

A Deputación de Ourense organiza, no marco do Plan de Sustentabilidade Turística “Ourense Termal”, unha viaxe de familiarización para identificar produtos turístico-termais asociados ao deporte e á saúde con prescriptores de ambos os sectores. A acción, que comeza hoxe, reunirá na nosa provincia a representantes de federacións deportivas de distintas disciplinas na parte de “sport trip” e a axencias asociadas a colexios médicos ou empresas de seguros e colectivos relacionados coa promoción da saúde, na parte de “medical trip”.

Na xornada de hoxe, precisamente os prescriptores dividiranse en tres grupos para que cada un poida coñecer as infraestruturas e programas desenvoltos na nosa provincia segundo o seu interese. Desta maneira, un grupo visitará instalacións deportivas tales como o Paco Paz, a pista de Atletismo de Expourense, o campo de hockey de Mariñamansa, o pavillón municipal e as instalacións de Oira.

AVANTAR ACTIVIDADES

O segundo grupo dedicarase a coñecer algúns dos espazos de reunións e congresos que ofrece a nosa provincia como Expourense, o Auditorio, o Teatro Principal ou o Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. Por último, o terceiro grupo coñecerán espazos exteriores e termais na zona do Xurés, visitando o balneario de Lobios ou o Complexo deportivo do Corgo en Muíños.

Programación

Mañá martes, 29 de novembro, realizarase no balneario de Laias unha xornada de “networking” entre todos os participantes, xunto con empresas do sector tanto turístico como deportivo da provincia para compartir experiencias e xerar novas oportunidades de negocio neste ámbito. De aí, continuarán percorrendo e coñecendo o potencial deste territorio con visitas a recursos da oferta complementaria en enoturismo e gastronomía.

Coñecerán o balneario de Cortegada e o de Caldas de Partovia así como algún dos seus tratamentos. Ao día seguinte, irán ao parque náutico de Castrelo de Miño onde coñecerán as instalacións do Club náutico da localidade e realizarán unha actividade en eco barco con saída desde o pantalán do Balneario de Arnoia, visitarán o balneario e realizarán unha actividade en bicicleta eléctrica pola zona.

Obxectivos do “fam trip”

No marco do Plan de Sustentabilidade Turística “Ourense Termal”, unha das accións que se contemplan para a súa execución está destinada a crear “Redes Transversais de Información e Coñecemento: Prescriptores estratéxicos para unha maior competitividade”. Xa que logo, esta acción pon o foco en dous sectores que se consideran estratéxicos para o desenvolvemento turístico provincia: o lsanitario e o deportivo.

O que se pretende con este “fam trip” é desenvolver conxuntamente accións profesionais orientadas á creación de produtos especializados; divulgar a oferta do destino a través de novas canles de distribución; xerar coñecemento a través de prescriptores que poidan impulsar a chegada de novos turistas ao destino; xerar bases de datos para a distribución das ofertas; organizar viaxes de familiarización: “medical trips” e “termal sports trips” como estes; facilitar novas oportunidades de negocio á cadea de valor do sector; e formar no desenvolvemento de produto especializado.

O Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense Termal” é froito dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, a través do cal, investiranse máis de 3 millóns entre o 2022 ao 2024, para lograr a transformación competitiva dos 15 municipios rurais termais de Ourense.