As obras de mellora da OU-1006, en Vilardevós, retomaranse no arranque de 2023 despois da non execución da empresa adxudicataria

 As obras de mellora da estrada provincial OU-1006, ao seu paso entre Vilardevós e Vilarello de Cota, retomaranse a comezos do 2023 despois de que a empresa adxudicataria non executase o proxecto aducindo problemas internos e a suba dos prezos dos materais, un contexto este último que está a motivar abandonos de proxectos de obra pública por toda España.

A Deputación de Ourense, en continuo diálogo co Concello de Vilardevós, tratou nos últimos meses de que a empresa cumprise co compromiso adquirido na adxudicación do proxecto -lanzado por procedemento aberto-, intentando evitar a vía xudicial que retrasaría completar as obras comezadas en febreiro de 2022 -neste momento a execución está ao 8%-. Pechada esa posibilidade, a administración provincial chegou a un acordo coa adxudicatoria para subcontratar un 12% da obra a unha segunda empresa e ceder o 80% restante -o máximo permitido pola Ley de Contratos del Sector Público- a unha terceira firma. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Pechados os acordos, este proxecto -enfocado no acondicionamento e mellora da estrada OU – 1006 ao seu paso por Vilardevós- reiniciarase no arranque de ano para completar a súa execución dentro de 2023.