O Bng de Cenlle fai unha proposta para a recuperación dos servizos sanitarios do concello.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Bloque Nacionalista de Cenlle vimos destacando que o noso concello ten unha gran concentración de poboación maior que necesita dunha atención médica digna, periódica e de garantías.
Este municipio presenta serios problemas de mobilidade, ten dous grupos de poboación
claramente separados nos que a única alternativa é moverse en coche particular posto que non existe NINGÚN servizo de transporte público no noso concello.
A actual asistencia sanitaria é escasa, cun número moi limitado de horas e escaso persoal, desaproveitando ademáis as infraestruturas que o Concello ten para este fin.
Dende o bloque levamos a proposta para que iste Concello, a través do seu grupo de goberno, inste á Consellería de Sanidade e á Xunta de Galiza para que se nos outorgue un segundo médico, abrindo ambos centros de saúde con horarios pertinentes e de forma ininterrumpida como xa acontece noutros municipios de similares característica e da mesma cor política.
Así pois dende o BNG seguiremos na loita por recuperar o segundo médico, tal e como xa
tiñamos en momentos de incluso menos necesidade