Gabriel Alén enxalza á provincia de Ourense como referente do turismo enogastronómico e termal

IES CHAMOSO LAMAS

Esta mañá, na presentación de Xantar e Termatalia na Feira Internacional de Turismo

  • O delegado territorial subliñou que a enogastronomía galega, baseada na calidade da materia prima do produto local e da súa cociña, forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia, da súa identidade como territorio e do seu estilo de vida, polo que resulta un recurso central na promoción na Feira Xantar
  • Para Gabriel Alén “a enogastronomía é unha das primeiras preferencias dos viaxeiros que deciden visitar Galicia, e, por tanto,  un dos recursos craves do modelo turístico galego”
  • O Plan Territorial Enogastronómico de Galicia 2022, dotado dun orzamento de 34,5M de euros, sitúa ao turismo de gastronomía e enoloxía como unha experiencia para consolidar Galicia como destino turístico internacional diferenciador e poderoso motor dinamizador do tecido socioeconómico do territorio
  • O delegado territorial destacou a abundancia de mananciais termais que nos sitúa como a primeira potencia termal de España e a segunda de Europa, con auténticos baluartes como Ourense, só por detrás de Budapest en reservas de auga mineromedicinal
  • Gabriel Alén detallou as medidas que tratan de impulsar o Turismo de Saúde e Benestar. Como reflicte o Plan Termal 2014-2020, o Plan de Sustentabilidade Turística Ourense Termal (1,3 M€) ou o Plan Territorial de Desenvolvemento Turístico en Destino 2023-2026, financiado con fondos Next Generation
  • E concluíu recalcando a aposta da Xunta polo desenvolvemento don turismo termal que “xunto co Camiño e sumado á nosa gastronomía, o noso patrimonio e cultura, é un activo singular, case inigualable, da nosa oferta turística”.

Ourense, 18 de xaneiro de 2023. “Xantar convértese nunha das principais citas para potenciar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel e, por extensión, como emprazamento turístico”. Así principiou a súa intervención, Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense na presentación esta mañá en FITUR da feira gastronómica de Xantar que se desenvolverá en Ourense do 2 ao 5 de novembro.

OZOCOgz Deseño Galego

Segundo o delegado territorial “a enogastronomía galega, baseada na calidade da materia prima do produto local e da súa cociña, forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia, da súa identidade como territorio e do seu estilo de vida, polo que resulta un recurso central na promoción na Feira Xantar para situar á nosa Comunidade como un destino enogastronómico de primeiro nivel no mapa da excelencia cunha oferta adaptada ás novas realidades dos viaxeiros”.  Por iso, -engadiu Gabriel Alén–  “a enogastronomía é unha das primeiras preferencias dos viaxeiros que deciden visitar Galicia, e, por tanto,  un dos recursos craves do modelo turístico galego”.

Gabriel Alén sinalou que conscientes do noso potencial, desde a Xunta de Galicia estamos traballando en fortalecer este campo ao que consideramos un alicerce importante na nosa economía pola súa capacidade para atraer poboación e polo o seu efecto desestacionalizador. E  subliñou que o Plan Territorial Enogastronómico de Galicia 2022 sitúa ao turismo de gastronomía e enoloxía como unha experiencia para consolidar Galicia como destino turístico internacional.

Explicou o representante do Goberno galego que este Plan, dotado dun orzamento de 34,5M de euros, é o segundo dos plans territoriais impulsados pola Xunta de Galicia ao amparo dos Fondos Next Generation da UE, e que constrúe a súa planificación ao redor da enogastronomía, como elemento diferenciador da oferta turística galega e poderoso motor dinamizador do tecido socioeconómico do territorio. Este Plan desenvólvese ao redor das tres dimensións crave do turismo enogastronómico e que implican a toda a súa cadea de valor: produto, proceso e cultura.

A proximidade que nos regala o AVE -Recalcou Gabriel Alén– é un acicate máis para gozar tamén da oferta termal dos nosos balnearios, do noso patrimonio cultural e paisaxístico, e das adegas das catro DO da nosa provincia través do plan de mobilidade sostible que está a promover a Xunta de Galicia.

Termatalia Uruguay 3023

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, tamén participou na presentación da próxima edición da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, onde.

Temos o máis importante: o recurso. Contamos 300 captacións termais, con 7 dos 8 tipos de augas medicinais, todas elas indicadas para os tratamentos respiratorios, dixestivos, dermatolóxicos ou mesmo do aparello locomotor, -subliñou Gabriel Alén-, que engadiu “temos vontade. Galicia foi pioneira en España en regular por lei o aproveitamento lúdico das súas augas termais para velar pola súa salubridade e hixiene; participamos en eventos nacionais e internacionais e impulsamos a súa excelencia coa Cátedra de Hidrología Médica da Universidade de Santiago”.

“E temos un balance de medidas que tratan de impulsar o Turismo de Saúde e Benestar. Como reflicte o Plan Termal 2014-2020, o Plan de Sustentabilidade Turística Ourense Termal (1,3 M€) ou o Plan Territorial de Desenvolvemento Turístico en Destino 2023-2026, financiado con fondos Next Generation”; sentenciou.

Gabriel Alén concluíu recalcando a aposta da Xunta polo desenvolvemento don turismo termal que “xunto co Camiño e sumado á nosa gastronomía, o noso patrimonio e cultura, é un activo singular, case inigualable, da nosa oferta turística”.