Ribadavia recupera a mascara tradicional do entroido do Ribeiro do Avia, a Botarga.

Dentro da programación de Entroido do Concello de Ribadavia este ano  terá como novidade un Obradoiro de recuperación de traxe e máscara tradicional do Ribeiro de Avia: “A Botarga”.
Ata comezos do século XX, a BOTARGA foi durante os entroidos a máscara máis popular no Ribeiro de Avia, e chegou aos nosos días en expresións coloquiais e testemuñas da xente máis maior.


Don Eladio Rodríguez, que fora presidente da Real Academia Galega entre 1926 e 1934, e natural de San Clodio de Leiro, deixou rexistrado no seu dicionario que: “Hasta comienzos del siglo XX, la botarga fué durante los carnavales la máscara más popular en el Ribeiro de Avia, lo mismo que en otras comarcas orensanas. Traía en la mano una vejiga de cerdo, inflada, sujeta por un cordel, y una especie de rebenque con que ahuyentaba y perseguía a los muchachos, que a su vez corrían tras de ella con gritería infantil”, tal e como recordaba nun artigo o profesor Frutos Fernández. 
 📅📌 Serán os días 17 e 18 de Febreiro, ás 19:00h. No Club Artístico de Ribadavia.As inscricións para participar realizanse na OMIX Ribadavia. 

AVANTAR ACTIVIDADES

– Ademais, continuando coa actividade instaurada o ano pasado, volverá a organizarse o II Concurso de disfraces, que este ano será o martes de entroido. Será unha festa e Concurso de Disfraces na Praza Maior. A partir das 15:30 horas. Con DJ Tibu e DJ Bollo.🎭Con distintas categorías: Infantil, Adulto e Grupal.🎭Ademais, contaremos coa actuación de Cé orquestra pantasma.O primeiro premio valorase con 200 euros, habendo ata 3 premios en cada categoría. 
Máis información das bases no web municipal: https://ribadavia.gal/entroido-2023-bases-para-participar-no-concurso-de-disfraces-martes-21-de-febreiro/?fbclid=IwAR3IsjLYhlsE4hyZgIHJ-aQ5m3Gxl8LYtGyGP8aFzEi0r2gMrTli1Sves94

– Ademáis, o domingo de Entroido será actividade principal do programa que este ano despois de anos das restricións da pandemia, volve ser o desfile de carrozas e comparsas. Nesta edición contaremos tamén coa presenza de Tabaleiros, da charanga Sorcha e a charanga Mekánika.
Máis información das bases no web municipal: https://ribadavia.gal/entroido-2023-bases-de-participacion-de-comparsas/
O luns de Entroido actuarán na Alameda o grupo musical broken Peach, de balde e sen necesidade de entrada previa.

Ademais, coma todos os anos en Ribadavia destacan a festa de Compadres, Comadres e Enterro da Sardiña no seu formato tradicional.