Os mozos e mozas de ASPADISI desfrutaron das augas termais en Partovia

Os mozos e mozas da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos do Carballiño, ASPADISI, desfrutaron dos beneficios da auga termal no Balneario das Caldas de Partovia.

Esta visita inclúese dentro dos bonos termais que ofrece a Deputación de Ourense, con diferentes alternativas, e que están dispoñibles para quen queira solicitalos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Deste xeito, os mozos desfrutaron das piscinas termais para eles sos, e desfrutaron moito desta actividade.