Exposición no Cee-Miño de Velle: “Todos somos Diferentes, Todos somos Especiais”

Dona Tania Cid, directora do CEE-MIÑO e Dona Mª Eva Gutiérrez Presidenta da ANPA do CEE-MIÑO, teñen o pracer de convidalos á inauguración dunha exposición de fotografía que terá lugar o vindeiro 12 de maio ás 12 horas no CENTRO DE EDUCACION ESPECIAL MIÑO, en Velle.É unha exposición de retratos en branco e negro “TODOS SOMOS DIFERENTES, TODOS SOMOS ESPECIAIS”. A exposición durará desde o día 12 ata final de curso. Agardamos a vosa presencia.