O Cine Club proxecta “La maternal” este venres

Este venres, o Cine Clube proxecta no Auditorio Manuel María do Carballiño unha das mellores películas españolas desta tempada, “La maternal”, dirixida por Pilar Palomero, que sorprendera a todos co seu debut na longametraxe con Las niñas, Goya á mellor película no 2021. Cóntanos a historia de Carla, de 14 anos que entra nun centro chamado “La maternal”, para nais menores de idade. Rapazas que se enfrontan a un mundo para o que todavía non estaban preparadas.

A película estivo nominada nos Premios goya a Mellor película, Mellor dirección e Mellor actriz de reparto. Os pases serán coma sempre ás 20:00 e ás 22:30 horas, neste caso os dous en castelán.

AVANTAR ACTIVIDADES