5 de mayo: Día da “Sociedad de San Vicente de Paúl”

A Sociedade de San Vicente de Paúl é unha organización internacional de carácter humanitario e benéfico social, formada por laicos católicos que buscan o crecemento persoal e espiritual a través do servizo aos que máis o necesitan.

Así nace a SSVP, Sociedad de San Vicente de Paúl

AVANTAR ACTIVIDADES

Francia. 23 de abril de 1833. Un grupo de mozos universitarios, ante as desigualdades e inxustizas sociais, deciden pasar á acción coa esperanza de cambiar o mundo. Para iso crean a primeira «Conferencia de Caridad», un grupo de amigos que desexan compartir a súa fe e que se traduza en feitos.

Oración e acción únense para visitar o barrio de Mouffetard, un dos máis pobres de París. É unha Filla da Caridade, sor Rosalía Rendú, quen lles acompaña e guía, instruíndolles nos ensinos de San Vicente de Paúl.

En 1834 as Conferencias toman ao santo como patrón e advócanse á Virxe Inmaculada. Ao ano seguinte edítase o primeiro Regulamento e en 1839 constitúese o Consello Xeral Internacional.

A Sociedade de San Vicente de Paúl está presente en máis de 150 países, conta con 800.000 socios e 1.500.000 de voluntarios. A súa axuda chega, diariamente, a máis de 30 millóns de persoas.

A SSVP participa como membro asociado da UNESCO e como consultor especial no Consello Económico e Social da ONU (ECOSOC). Así mesmo, forma parte do Movemento Católico Mundial polo Clima e está aliñada cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) propostos na Axenda 2030 polas Nacións Unidas.


A continuación recuperamos o publicado en Badal Novas o ano pasado co motivo da celebración do 70 aniversario

Con motivo da celebración do 70 aniversario da fundación das Xornadas de San Vicente Paul de San Cibrao da Parroquia do Carballiño, xa que non se puido celebrar o ano pasado, por mor da Covid, tiveron lugar onte algúns actos, entre eles a recepción co
alcalde do concello do Carballiño, Francisco Fumega. O final da xornada de onte tivo lugar unha misa na igrexa da Veracruz, na que tamén se contou ca presenza do presidente da
entidade en España e a secretaria executiva, Isabel Garzo.

A Sociedade de San Vicente Paul en España é unha asociación de carácter social humanitario e benéfico, comprometida coa defensa da vida e da dignidade humana. O 5 de abril de 1951 fundáronse as Xornadas de San Cibrao do Carballiño e na actualidade conta con 12 socios, 3 solicitantes, 2 colaboradores e 2 socios de honra.

Membros da asociación san Vicente de Paúl
misa en conmemoración do 70 aniversario

Con motivo da celebración do 70 aniversario da fundación das Xornadas de Sam Vicente Paul de San Cibrao da Parroquia do 0 Carballiño, xa que non se puido celebrar o ano pasado, por mor do Covid, tiveron lugar hoxe algúns actos, entre eles a recepción co alcalde do concello do Carballiño, Francisco Fumega, e co remate dunha misa na igrexa da Veracruz.

A Sociedade de San Vicente Paul en España é unha asociación de carácter social humanitario e benéfico, comprometida coa defensa da vida e da dignidade humana. O 5 de abril de 1951 fundáronse as Xornadas de San Cibrao do Carballiño e na actualidade conta con 12 socios, 3 solicitantes, 2 colaboradores e 2 socios de honra. O presidente da entidade en España, Moisés  estivo hoxe presente.

As familias necesitadas son atendidas todos os venres, de 9:30 a 13:00 horas, na planta baixa da Casa Parroquial, así como calquera outro día se alguén o requira na Parroquia ou nos Servizos Sociais dos Concellos da Comarca. O delegado técnico no Carballiño fixo fincapé na necesidade de dar a coñecer a súa labor e que máis xente forme parte.

Tamén estivo hoxe a secretaria executiva, Isabel Garzo, puxo en valor o importante de manter vivas as xornada e puxo o exemplo do Carballiño como traballo humilde e en silencio.