Manuel Baltar: “As 92 candidaturas están formadas por persoas con ilusión, gañas de traballar e compromiso; características do gran proxecto común que é o do Partido de Ourense”

  • O líder provincial e candidato a revalidar a presidencia da Deputación remarca a potencia das listas populares e dos seus proxectos 
  • O PPdeOU afronta as municipais, que arrancan na madrugada do venres coa pegada de carteis, con “dous obxectivos claros: superar o récord de alcaldías e recuperar a maioría absoluta na Deputación”
  • Manuel Baltar destaca a identificación da formación política que preside coa provincia: “O Partido Popular de Ourense é o Partido de Ourense. O que gaña todas as eleccións porque merece a confianza maioritaria dos veciños da provincia, e nós devolvemos esa confianza con xestión”
  • 31 dos 92 candidatos son novos respecto a 2019, o que supón unha  porcentaxe de renovación do 33,7% e que se combina coa experiencia na xestión: 55 dos 92 candidatos xa teñen experiencia como rexedor

8, maio, 2023. O Partido Popular de Ourense afronta as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio con “dous obxectivos claros: superar o récord de alcaldías e recuperar a maioría absoluta na Deputación”, remarca Manuel Baltar, líder provincial e candidato a revalidar a presidencia do goberno provincial. 

Ante o inicio da campaña, que comezará na madrugada do venres 12 de maio coa tradicional pegada de carteis, Manuel Baltar destaca a identificación da formación política que preside coa provincia: “O Partido Popular de Ourense é o Partido de Ourense. O que gaña todas as eleccións porque merece a confianza maioritaria dos veciños da provincia, e nós devolvemos esa confianza con xestión”.  

AVANTAR ACTIVIDADES

“Nestas eleccións do 2023 presentamos candidatos en todos os concellos e tamén candidato a presidir a Deputación de Ourense”, lembra o líder provincial, “e o facemos con proxectos para cada un dos 92 concellos e cun proxecto para dirixir o goberno provincial os próximos catro anos. Este é un proxecto participativo, que afecta a todo o territorio e que sen dúbida fala da posta a disposición do partido para Ourense”. 

Manuel Baltar volve a destacar a porcentaxe de renovación dos cabezas de lista populares -31 dos 92 candidatos son novos respecto a 2019, o que supón o 33,7%-, que se combina coa experiencia na xestión: 55 dos 92 candidatos xa teñen experiencia como rexedor ou rexedora, sumando entre todos eles máis de 800 anos en Alcaldía. A idade media dos 92 candidatos do PPdeOU é de 54,6 anos. 

Ademais da renovación e a experiencia, o presidente provincial e candidato á reelección ao fronte da Deputación valora o avance do protagonismo das mulleres ao fronte de candidaturas: “Son 19 mulleres, entre as que xa se atopan 12 alcaldesas e que seguro serán máis despois do 28-M. E o noso obxectivo é, por suposto, seguir avanzando, dentro do noso compromiso coa igualdade real nos espazos públicos”. 

Sobre as candidaturas, Manuel Baltar reivindica a súa potencia: “As candidaturas están conformadas por persoas cuns requisitos imprescindibles: moita ilusión, gañas de traballar e compromiso; tres características deste gran proxecto común, que non é so do Partido Popular de Ourense porque é o do Partido de Ourense, e o volveremos a ser despois do 28 de maio”. 

Estes son os 92 candidatos do PPdeOU para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio: 

.Allariz  Luz Doporto Real

.Amoeiro José Sampayo Fernández

.A Arnoia  Rodrigo Aparicio Santamaría

.Avión  Antonio Montero Fernández

.Baltar  José Antonio Feijóo Alonso

.Bande  Sandra Quintas Vázquez

.Baños de Molgas  Manuel Ángel Fernández Movilla

.Barbadás  María Consuelo Vispo Seara

.O Barco de Valdeorras   Manuel Núñez Fernández

.Beade  Fernando Taboada Guntín

.Beariz  Manuel Prado López

.Os Blancos  José Manuel Castro Blanco

.Boborás  Ana Patricia Torres Madureira

.A Bola  María Teresa Barge Bello

.O Bolo  Antonio López Sánchez

.Calvos de Randín  José Antonio Valencia Valencia

.Carballeda de Avia  Marcos Ríos Alén

.Carballeda de Valdeorras  María del Carmen González Quintela

.O Carballiño  Lino González García

.Cartelle  Jaime Sousa Seara

.Castrelo de Miño  Avelino Pazos Pérez

.Castrelo do Val  Francisco Silva Prieto

.Castro Caldelas  César Enríquez Diéguez

.Celanova  Pablo Pérez Pérez

.Cenlle  Rebeca Sotelo Fernández

.Chandrexa de Queixa  Francisco Rodríguez Rodríguez

.Coles  Francisco Javier Fernández Lozano

.Cortegada  Avelino Luis de Francisco Martínez

.Cualedro  Luciano Rivero Cuquejo

.Entrimo  José Albino Bastos Rodríguez

.Esgos Mario Rodríguez González

.Gomesende  Pura Rodríguez Álvarez

.A Gudiña José María Lago Cabo

.O Irixo Manuel Cerdeira Lorenzo

.Larouco Patricia Lamela Rodríguez

.Laza José Ramón Barreal Novo

.Leiro  Francisco José Fernández Pérez

.Lobeira Antonio Iglesias Álvarez

.Lobios María del Carmen Yáñez Salgado

.Maceda Rubén Quintas Rodríguez

.Manzaneda Pedro Yáñez Salgado

.Maside Ignacio Campo González

.Melón Manuel Alberto Pardellas Álvarez

.A Merca Manuel Garrido Sampedro

.A Mezquita Jesús Río Piornedo

.Montederramo Marco Carballal Ferreño

.Monterrei José Luis Suárez Martínez

.Muíños Plácido Álvarez Dobaño

.Nogueira de Ramuín Julio Carlos Temes Pereira

.Oímbra Ana María Villarino Pardo

.Ourense Manuel Jaime Cabezas Enríquez

.Paderne de Allariz Manuel Pérez Nóvoa

.Padrenda Manuel Pérez Pereira

.Parada do Sil Finamor Fernández García

.O Pereiro de Aguiar Luis Menor Pérez

.A Peroxa Manuel Seoane Rodríguez

.Petín   Carlos Goñi Garrido

.Piñor José Luis González Rodríguez

.A Pobra de Trives Roberto González Castro

.Pontedeva Juan Carlos González Carbajales

.Porqueira Susana Vázquez Dorado

.Punxín Manuel Vázquez Fernández “Casalta”

.Quintela de Leirado José Antonio Pérez Cortés

.Rairiz de Veiga Camilo Fernández Freire

.Ramirás Juan Carlos Rodríguez Matías

.Ribadavia César Manuel Fernández Gil

.Riós  Eva Barrio López

.A Rúa Álvaro José Fernández López

.Rubiá Elías Rodríguez Núñez

.San Amaro  Fernando Rodríguez Redondo

.San Cibrao das Viñas Marta Nóvoa Iglesias

.San Cristovo de Cea José Luis Valladares Fernández

.San Xoán de Río Xosé Miguel Pérez Blecua

.Sandiás Sixto Traveso Santana

.Sarreaus Gumersindo Lamas Alvar

.Taboadela José Antonio Paz Prieto

.A Teixeira Marisol Borrajo Lorenzo

.Toén  Ricardo González Gómez

.Trasmiras Emilio José Pazos Ojea

.A Veiga Juan Anta Rodríguez

.Verea José Antonio Pérez del Río

.Verín  Lara da Silva Rodríguez

.Viana do Bolo Andrés Montesinos Rodríguez

.Vilamarín Amador Vázquez Vázquez

.Vilamartín de Valdeorras  José Pinto Álvarez

.Vilar de Barrio Óscar Seguín Lamelas

.Vilar de Santos Remedios Cid Márquez

.Vilardevós  Adriana Álvarez Delgado

.Vilariño de Conso  Melisa Macía Domínguez

.Xinzo de Limia Antonio Fernández Veiga

.Xunqueira de Ambía José Luis Gavilanes Losada

.Xunqueira de Espadanedo Carlos Gómez Blanco