Cenlle e Melón enfrontan dous incendios dende a xornada de onte

Na xornada de onte, producíanse de novo varios lumes na nosa contorna. Segundo a última actualización da Consellería de Medio Rural, o incendio no concello de Melón, rexistrouse ás 22:39 horas de onte na parroquia de Quins e segue activo. A superficie estimada ata o de agora é de 20 hectáreas e na súa extinción traballan cinco axentes, sete brigadas, seis motobombas e unha pala.

Onte tamén se iniciou un incendio no concello de Cenlle, na zona da Pena, que tamén segue activo afectando a 40 hectáreas aínda que evoluciona favorablemente cara a súa estabilización. Nel traballan un técnico, dez axentes, 24 brigadas, 15 motobombas, unha pala, oito avionetas e 7 helicópteros.

AVANTAR ACTIVIDADES