O BNG propón a humanización e apertura ao público dos solares baleiros na zona histórica namentres os propietarios non os vendan ou urbanicen

Trátase do denominado “urbanismo de mínimos”, posto en marcha no Concello de Lleida a onde o candidato Luís Seara viaxou recentemente e que permite a posta en valor de solares baleiros, previndo a acumulación de suciedade e maleza creando microespazos públicos de encontro veciñal a través de convenios cos propietarios dos mesmos

Ourense, 15 de maio de 2023. Na visita realizada recentemente a Lleida polo candidato do BNG á alcaldía do Concello de Ourense Luís Seara e polo membro da candidatura Xosé Carballido, puideron comprobar de primeira man o éxito dun proxecto pioneiro e denominado “urbanismo de mínimos”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tal e como explica Rhut Reza, “trátase de que a través de convenios cos propietarios dos solares que actualmente están baleiros na zona histórica, o concello os abra e acondicione para uso e disfrute xeral con pequenas actuacións como é a súa limpeza e adecuación, a instalación de mobiliario urbano e iluminación”.

No propio convenio establécese que no momento en que a propiedade teña previsto a venda do solar ou a construción nel, o concello retira todo o mobiliario para que se poida executar dita obra ou venda.

Segundo Reza, “co BNG no Goberno, poremos en marcha este proxecto posto que contribúe a manter os solares limpos de maleza e lixo, derruba muros e apertura espazos para a veciñanza, espazos adaptados e preparados para o encontro, o lecer e o desenvolvemento de diferentes actividades en recunchos do barrio agora mesmo totalmente degradados”.

Igualmente o candidata Rhut Reza entende que de cara aos propietarios “supón que a través desta cesión, que en todo caso é temporal e condicionada a venda ou construción no solar, sexa o concello quen se faga cargo do seu mantemento e bo estado de conservación”.