A campaña electoral de onte no Carballiño foi intensa . Presenza pola mañá de tódalas candidaturas na rúa por ser día de feira e pola tarde noite na Casa da Cultura no debate monográfico encol do Asilo. Os aspirantes á alcaldía alí estiveron todos unidos no fundamental no que respecta á xurar defender a continuidade centenaria da institución benéfica doada polos Irmáns Prieto ao Carballiño . A candidata Sofía García polo BNG, Manuel Nogueira por Podemos, Lino González polo PP, Pachi Vázquez por Espazo Común e o actual alcalde e tamén aspirante Paco Fumega polo PSOE tiveron a gallardía e compromiso co Carballiño de debater compartindo micro e espazo sobre un tema que supera as diferencias partidarias. O cronómetro proxectado en pantalla de Xosé Cortés ,moderador da Plataforma pola Defensa do Asilo, foi equitativo no tempo e implacable nas quendas de intervención .Non só o fútbol e o pulpo concitan os consensos .Preocuparse polo benestar dos maiores engrandece a un pobo e aos seus representantes
A partires do día 28 iniciase unha nova etapa con un novo alcalde ou alcaldesa que será membro nato do Asilo dende o primeiro día . Tomará posesión do cargo e informará aos seus representados de todo o que aconteza na toma de decisións dentro da institución . Non haberá que facer máis reproches a alcaldes que nin sequera tomaron posesión do cargo. Que deixaron toda a responsabilidade nunha das partes do Padroado sen preocuparse de si se toman medidas que varían a vontade testamentaria dos fundadores ,incluso obviando os formalismos legais no momento dos acordos.
O Goberno interior a cargo da congregación relixiosa “Hermanitas dos Anciáns Desamparados” que levou o día a día do Asilo durante 120 anos e que así foi establecido no testamento dos fundadores foi substituído por unha dirección e unha administración privada . A admisión de usuarios non sempre sigue o criterio de priorizar as persoas con menos recursos , finalidade principal resaltada en diferentes apartados do testamento fundacional.
Sabemos pouco do patrimonio exterior que sirve de soporte económico do Asilo. Cales son os bens rexistrados, estado de conservación, que rendas producen, quen son os administradores das mesmas, como se veiculizan eses recursos de cara a institución benéfica , cales son os informes económicos que se lle envían á Xunta…?
Sabemos algo do que acontece na proximidade. Hai descontento entre o persoal asistencial .Non se permite o acceso ao voluntariado que antes se achegaba para colaborar desinteresadamente en tarefas concretas. A flamante cociña está apagada e a comida ven feita de lonxe. Perdeuse a sintonía e cordialidade que había co pobo e iso non redunda no benestar dos residentes.
Onte foi un gran día para o futuro do Asilo do Carballiño. Xuntámonos na Casa da Cultura os representantes políticos do pobo e a parte cidadán , uns a título particular ,outros integrados na Plataforma pola Defensa do Asilo (sempre aberta á ampliación)
Xuramentámonos en corrixir as omisións do pasado e en garantir a continuidade do Asilo dos Anciáns Desamparados que catro filántropos desta vila tiveron a ben deixarnos fai moitos anos. Algún día lles faremos a homenaxe que merecen. Bernardo García ,vogal da Plataforma en Defensa do Asilo.