Acto do Bng en Cenlle para analizar a situación do Servizo de Saúde Pública, particularmente no ámbito rural.

O BNG de Cenlle vén de celebrar unha palestra sobre a situación do Servizo de Saúde Pública, particularmente no ámbito rural. Levouse a cabo na localidade de Barbantes, onde houbo a tentativa de pechar o seu centro de saúde. Dito evento foi encabezado polo número tres da lista municipal, Paulo Crespo, a diputada no Parlamento de Galicia por Ourense, Noa Presas, e o candidato á alcaldía, Xosé Gabriel Alberte Diéguez.
Dende o grupo municipal expúxose o plan artellado por parte do Partido Popular e a Xunta de Galicia para o desmantelamento da sanidade pública, e explicáronse os plans para recuperar os servizos sanitarios que foi perdendo o Concello e a mobilización do BNG co apoio da veciñanza para reabrir o Centro de Saúde que se intentou pechar durante a pandemia.
Paulo Crespo sinalou “a necesidade de manter unsservizos básicos para que a poboación
poida manter un proxecto vital no rural, principalmente nun concello como o Cenlle no que, por sorte, hai unha poboación envellecida. Sinal da boa calidade de vida e lonxevidade que se debe a un servizo público de saude de calidade”.
A diputada autónomica, Noa Presas amosou “o claro plan do Partido Popular no
desmantelamento da Sanidade Pública”e puxo en valor o traballo levado a cabo polo BNG
levando a cabo unha iniciativa lexislativa “co maior número de sinaturas da historia para
blindar un servizos de atención primaria mínimos e aumentar o número de profesionais na mesma”.
O candidato á alcaldía, Xosé Gabriel Alberte, relatou como “xa fixeron a trampa de dicir que un médico se fora de vacacións para retirárnolo”, e cando o grupo municipal do goberno sabía que o centro de saúde se ía pechar “dixéronnos que o pecharan para reformalo, cando non tiñan pensado reabrilo. Cando o tocamos no pleno botaron balóns fora, dicindo que fora unha decisión da Xunta e que os motivos igual había que preguntarllos ao médico”. Agradeceu á veciñanza o apoio recibido, “en canto o soubemos mobilizámonos, comezamos a recoller sinaturas, esixir explicacións no pleno e elevar o asunto ao parlamento de Galiza”. Para acabar destacando que “só pedimos o que xa tiñamos, e é traballo do Alcalde moverse para impedir que isto ocorra”.
O evento rematou coa intervención e achega de inquietudes por parte da veciñanza,
preocupada e consciente do desgaste do sistema de saúde