Lorena Peleteiro destaca en Punxín que é clave votar ao partido socialista para que o cambio sexa realidade co fin de construir un presente e un futuro mellor

Nun acto no colexio no que participaron a candidata á alcaldía, Lorena
Peleteiro, e a deputada autonómica, Marina Ortega, salientaron a
relevancia de contar cuns servizos sociais municipais consolidados
Tamén destacaron a importancia de construír “un presente e un
futuro mellor” cunha xestión baseada na honestidade, equidade,
responsabilidade e no traballo en equipo
Punxín, 21 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE vén de destacar en Punxín
como os concellos gobernados pola esquerda prosperan porque neles hai
futuro, fronte aos municipios en mans da dereita, ancorados no pasado e nun
inmobilismo desilusionante. Nun acto no colexio no que participaron a
candidata á alcaldía, Lorena Peleteiro, e a deputada no Parlamento de Galicia,
Marina Ortega, os e as socialistas tamén salientaron a relevancia de contar cuns
servizos sociais municipais consolidados que non deixen a ninguén atrás e a
importancia de construír “un presente e un futuro mellor” cunha xestión
baseada na honestidade, equidade, responsabilidade e no traballo en equipo.
A candidata, Lorena Peleteiro, quixo deixar claro que “é o momento dun
goberno que traballe pola nosa sanidade, pola nosa educación, pola nosa xente,
polos nosos pobos”, que traballe “en definitiva por Punxín”. “É momento de
rematar coa desidia e co abandono que estamos a sufrir”, declarou ante as
veciñas e os veciños tras salientar que “é clave votar ao Partido Socialista para
que o cambio sexa realidade” tamén neste concello porque “todo voto que non
sexa para o PSOE, será un voto para un goberno de continuidade do PP”.
Peleteiro tamén anunciou que “mellorarán os servizos socias, cunha mellor
organización do Servizo de Axuda no Fogar, e co incremento da carta de
servizos, informando á veciñanza dos servizos dos que dispón”. Igualmente
insistiu na importancia das infraestruturas, polo que elaborarán “un plan de
mellora de estradas municipais”, acabando co “abandono actual”.
“Nestes comicios municipaos é sabido que o PSdeG-PSOE debe ser a referencia
en Punxín, ante un PP que permanece instalado no pasado e no inmobilismo”,
insisten os e as socialistas, antes de recordar unha vez máis que “o Partido
Socialista é a formación política con máis historia e experiencia de España, e un
dos que posúe maior tradición municipalista no mundo”.

O PSdeG-PSOE de Punxín en Ourense preséntase como unha alternativa “sólida
e necesaria” para poñer fin ao actual goberno do Partido Popular, cunha xestión
que amosa claros signos de estancamento e falta de resposta ás necesidades
da comunidade. O PSOE ofrece unha visión “fresca e renovada” para o
goberno, con amplas propostas para mellorar a calidade de vida, impulsar o
desenvolvemento económico e social de Punxín e para fomentar a participación
de toda a veciñanza das vilas na toma de decisións.
O “enfoque centrado no benestar social e no progreso sostible é o que Punxín
necesita para avanzar cara a un futuro máis próspero e equitativo”, aseguran
desde o PSOE antes de remachar asegurando que “é momento dun cambio que
traia consigo unha nova visión de goberno e unha xestión baseada na
honestidade, na equidade, na responsabilidade e no traballo en equipo para
construír un presente e un futuro mellor”.