Trescentos participantes daranse cita este domingo na XV Subida a Rocas-O Eirado e na XV Andaina Popular

Uns 300 participantes daranse cita o vindeiro domingo, 11 de xuño, en Esgos para participar na XV Subida a Rocas-O Eirado e na XV Andaina Popular, organizadas polo Concello de Esgos coa colaboración da Deputación de Ourense. 

O vicepresidente primeiro provincial en funcións, Rosendo Fernández, acompañou esta mañá ao alcalde en funcións de Esgos, Mario Rodríguez, na presentación desta proba, na sala de prensa do Pazo Provincial. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A XV Subida Rocas-O Eirado sairá de Esgos ás 11,00 horas, e pasará polo Mosteiro de San Pedro de Rocas, Arcos e Virxe do Monte, ata volver a Esgos, cunha altura máxima da proba de 1.163 metros. Esta cita, cun percorrido de 13 quilómetros, contará cunha participación de 200 deportistas e será o Campionato de Galicia de Montaña.

Pola súa banda, a andaina popular -non competitiva- é unha actividade complementaria á carreira, cunha participación estimada de cen persoas. Esta proba ten un percorrido de 20 quilómetros e discorre por roteiros de sendeirismo e camiños rurais. Saerá do centro de Esgos cara ao Mosteiro de San Pedro de Rocas polo Camiño Real, de alí a Arcos, Melón de Arriba, Melón Baixo, Pensos, Pardeconde e Meiroás para volver ao centro de Esgos.

Haberá trofeos para os mellores clasificados e sorteos de regalos para todos os participantes.  Máis información na web: https://subidarocasoeirado.com