O Cine Club retoma este venres día 12 de xaneiro as proxeccións neste ano 2024 coa película tunecina “Entre las higueras”, da directora debutante na ficción Erige Sehiri. O filme conta un día na vida de tres mozas que traballan na recolleita de figos, das súas historias, emocións, soños e esperanzas. Película luminosa e xovial, amósanos con unha mirada naturalista a vida destes personaxes sen renunciar a un certo compromiso político.
Foi seleccionada para representar a Túnez nospremios Oscar, competindo na categoría de mellor película de fala non inglesa. Os dous pases, ás 20:00 e ás 22:30 horas serán en versión orixinal subtitulada en galego.