Onte pola tarde, os nenos e mozos do Club de Fútbol Sala Carballiño, adestradores e pais foron recibidos pola concelleira de deportes en funcións, Silvia Baranda, quen quixo agradecer o esforzo e poñer en valor o traballo desta tempada.
Fíxose entrega dos trofeos por alzarse co título de campións de liga Provincial ós Benxamíns, Campión de Liga Galega Cadete Sur e Campión de Liga Galega Xuvenil, conseguindo o Ascenso a División de Honor Cadete e División de Honor Xuvenil.
O presidente da Federación de Ourense destacou o que supón este ascenso a División de Honor, unha categoría nacional que pon ó fútbol sala do Carballiño nunha situación preferente.
Ademais, Mateo e Xoel, campións de España de seleccións, tamén quixeron contar como foi a súa experiencia.