CxG de Punxín anuncia un pacto de goberno que garante a continuidade do PP

O voceiro de Compromiso por Galicia anuncia un pacto de goberno co Partido Popular para garatir a goberno do concello, e faino co seguinte comunicado:

“Nas Eleccións Municipais do 28 Maio Compromiso por Galicia en Punxín acadou o respaldo dos electores,  crecendo en número votos con respecto a fai 4 anos, o que posibilita por segunda vez a  Eladio Fernández Vázquez acadar  a  Acta de Concelleiro de CxG.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como vostedes coñecen o voto de CxG convértese en fundamental para decidir o Goberno, xa que P.P. e PSOE empatan a 3 Concelleiros/as, motivo por o que, rematados os recontos o mesmo Día electoral, CxG se compromete a falar con ambos formacións políticas para alcanzar un Goberno estable para Punxín.

Durante estas case tres semanas se celebraron reunións a todas as bandas, tal como manifestaron as diferentes opcións políticas. A nosa postura sempre foi levar a cabo un pacto de goberno para Punxín sen agochar a cabeza,  transmitindo aos interlocutores  que Punxín, en franca decadencia, necesita máis xestión municipal que postulados ideolóxicos.

Despois das distintas conversas cos diferentes contendentes políticos, Compromiso por Galicia, por medio do Concelleiro electo, Eladio Fernández, fai público a decisión do acordo dun pacto de goberno co Partido Popular de Punxín , por o que Manuel Vázquez Fernández continua como Alcalde, sendo o Concelleiro de CxG, Eladio Fernández Vázquez, Tenente Alcalde único”.