O IES nº1 do Carballiño acolleu durante a mañá de hoxe unha actividade dentro do programa “Camiñando xuntos”. Trátase da primeira edición do torneo deportivo intercentros de fútbol sala mixto. A iniciativa busca cada mes ou mes e medio incidir nunha causa, que nesta ocasión foi o deporte.
Nel participaron mozos do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo, IES nº1, IES Manuel Chamoso Lamas e CPI Terras de Maside. Dende os centros buscan a interrelación entre mozos e fomentar a unión que provoca o deporte.
Aos mozos parécenlles boas iniciativas para fomentar as súas relacións con mozos da mesma idade ou similar e que doutro xeito non coñecerían. O deporte é un xeito divertido de fomentar a interacción e a relación da xente nova e incentivar a vida activa.