A exposición «A nosa arte», con obras do Parlamento de Galicia, inaugúrase hoxe mércores en Afundación Ourense

A Sala de Exposicións Afundación Ourense acollerá mañá, mércores 21 de xuño, ás 19.30 h, a inauguración da exposición «A nosa arte», que se poderá visitar ata o vindeiro 21 de outubro. No acto estarán presentes o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez; o vicepresidente de Afundación, Xosé Carlos Caneiro; o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; e as tres persoas comisarias da mostra, María Victoria Carballo-Calero, Felipe Senén López e Carlos Valle. A mostra está constituída por unha selección de 35 pezas da Colección de Arte do Parlamento de Galicia, e conta tamén coa colaboración da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes.

EventoInauguración exposición «A nosa arte»
LugarSala de Exposicións Afundación Ourense
Data e horaMércores, 21 de xuño, ás 19.30 h
AsistentesMiguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Xosé Carlos Caneiro, vicepresidente de Afundación Pedro Otero, director xerente de Afundación Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes María Victoria Carballo-Calero, comisaria Felipe Senén López, comisario Carlos Valle, comisario