A Deputación colabora este venres, 23 de xuño, na IX Andaiñada Nocturna de Nogueira de Ramuín

Nogueira de Ramuín acolle este venres, día 23 de xuño, a novena edición da Andaiñada Nocturna, cita organizada polo Concello coa colaboración da Deputación. 

O asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, e o concelleiro de Deportes do Concello de Nogueira, Raúl Soto, presentaron esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial unha proba que nesta novena edición abranguerá sete quilómetros con dificultade media-baixa. 

AVANTAR ACTIVIDADES

 A IX Andaiñada Nocturna de Nogueira de Ramuín comezará ás 21,45 horas do venres 23 de xuño na praza de Luíntra. Ao rematar o percorrido de sete quilómetros, explica a organización, os participantes desfrutarán dunha sardiñada e churrasco, música e a tradicional fogueira de San Xoán