A Deputación e o Colexio Oficial de Arquitectos Técnicos exploran vías de colaboración para o impulso laboral destes profesionais na provincia

A Deputación de Ourense cooperará co Colexio Oficial de Arquitectos Técnicos para explorar vías de colaboración que permitan o impulso laboral destes profesionais na provincia de Ourense, tanto no sector público como no privado. 

Así quedou de manifesto esta mañá na reunión que mantiveron o presidente provincial, Luis Menor, xunto a unha representación da directiva do colexio oficial formada polo seu presidente, Darío López; Andrea Diéguez Giráldez, vogal; e José Manuel Rey Lorenzo, contador. Menor explica que “a Deputación cooperará para poñer os servizos do colexio oficial a disposición dos concellos máis pequenos, coa fin de que os 240 profesionais que forman parte deste organismo, axuden aos concellos máis pequenos a cumprir coas obrigas dos municipios”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente do Colexio Oficial de Arquitectos Técnicos, Darío López, agradeceu a disposición do presidente provincial “a recibirnos e a colaborar en favor do traballo dos nosos colexiados de toda a provincia”.