A ANPA do Conservatorio do Carballiño trasladalle ao alcalde Paco Fumega as súas inquedanzas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A ANPA do Conservatorio do Carballiño, ante a crecente visibilización e dinamización das actividades realizadas polo CMUS de O Carballiño, vémonos na obriga de manifestar as nosas inquedanzas ante o que puidemos observar ó longo destes anos:

  1. Existe una descompensación preocupante entre a oferta e a demanda das materias e instrumentos que se ofertan no CMUS. Na actualidade quedan un total de 130 matrículas de excluídos.
  2. Recollemos por parte dos pais/nais de alumnos e profesorado o seu malestar pola falla de horas lectivas en determinadas especialidades.
  3. Dende a ANPA manifestamos a nosa latente preocupación ante a continua fuga de talentos musicais da nosa contorna a outros concellos onde si apostan pola cultura musical.
    Ante esta situación, entendemos que é de recibo que este Concello, na representación do seu Alcalde, solucione na maior brevidade posible todas as demandas aquí expostas, xa que estamos no momento e lugar axeitados para poder resolvelo. Comprendemos as dificultades nas que nos atopamos na actualidade, pero confiamos firmemente na capacidade
    resolutiva deste Consistorio.