A corporación do Carballiño quedará disolta mañá en sesión plenaria

A actual lexislatura 2019-2023 chegará ó seu fin no concello do Carballiño na xornada de mañá mércores, de xeito oficial. Así, terá lugar o pleno de disolución da corporación actual, liderada polo PSOE en maioría absoluta. A sesión, que dará comezo ás 09:30 horas, será un mero trámite.

Despois do resultado electoral do pasado 28 de maio, o seguinte paso é a formación da nova corporación. O pleno de debate e investidura será o vindeiro sábado, día 17, ás 12:00 horas. Recordamos que o PSOE descendeu dos 9 ós 6 concelleiros; o PP e Espazo Común conseguiron 5 concelleiros cada un, con máis votos os populares, e o BNG un concelleiro. Polo de agora, non hai confirmación de pactos entre partidos.  

AVANTAR ACTIVIDADES