Establecementos do Carballiño e do Ribeiro reciben o distintivo “Compromiso de Calidade Turística”

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, fixo entrega dos diplomas e placas de “Compromiso de Calidade Turística” ás 25 empresas e entidades da provincia, logo do Comité Nacional do Sistema Integral de Calidade do Turismo en Destinos (SICTED) concedeu esta distinción.

Os servizos son aloxamentos, centros de interpretación, balnearios, hoteis, club náutico. , adegas, museos, salas de exposicións ou servizos de benestar que estean no ámbito do dito plan, que inclúe os 15 concellos rurais termais da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Da nosa contorna, foron recoñecidos o Club Náutico de Castrelo de Miño; Casa Idalia, Cuñas Davia e a Wellness Experience en Cenlle; gastrobar O Birrán en Ribadavia; licores Os Maios en Leiro así como os balnearios de Caldaria en Lobios e Arnoia. E tamén, a tradición pulpeira, representada por Casa Gazpara e Fuchela no Carballiño.