A formación de Espazo Común presenta unha moción para o primeiro pleno desta lexislatura.
“Nestes últimos anos, lévase falado moito nesta corporación dos problemas demográficos
que sufrimos, cunha constante perda e envellecemento dos datos de poboación.
É unha realidade innegable e terrible contra a que temos a obriga de loitar con tódalas
nosas enerxías e recursos.
Está demostrado, por activa e por pasiva, que unha das mellores ferramentas para
revertir esta merma é darlle un novo pulo ás políticas sociais. Isto é, darlle un salto cualitativo á calidade de vida dos veciños do pobo para facer este máis atractivo e atrae a novas familias, factores clave para mudar a tendencia.
No Carballiño levamos perdido xa moito tempo neste eido e é tempo de que o Concello
tome a iniciativa e emprenda accións concretas neste sentido. Hai moito camiño que
andar.
Dende o Grupo Municipal de Espazo Común, insistimos no aspecto positivo de
establecer unha liña de axudas de 100 € para cada neno ou nena en idade escolar e
matriculados en centros do Carballiño, destinados a mercar libros de texto e material
didáctico nas tendas locais.
É unha medida coa que xa contan outros moitos concellos, incluso algúns da nosa
comarca que nos levan a dianteira dende hai tempo, captando, grazas a isto, alumnos
que, sen embargo, viven aquí.
Este pleno ordinario de xullo, primeiro deste ciclo político 2023-2027 é un bo momento
para deixar clara a intención de reconducir as políticas sociais levadas a termo durante
os últimos anos e iniciar a obrigada senda de que os recursos municipais estean a
disposición dos cidadáns e que O Carballiño volte a ser referente en moitos aspectos nos
que foi perdendo o tren.
Sabemos que nestas datas xa son moitas as familias que están a encargar os libros de
texto e o máterial escolar para setembro e tamén sabemos que ise mes é un dos máis
duros para os petos dos cidadáns. Axudar nesas circunstancias debera ser a prioridade.
Visto todo o anteriormente comentado,
SOLICITAMOS
- A creación dunha liña municipal de axudas de 100 € para libros de texto e
material escolar para cada neno ou nena escolarizado no Carballiño. - Que esta se faga efectiva en colaboración coas tendas locais do sector”.