Entroido, música,exposicións, rallie, maxia e cine no mes de xullo no Carballiño

Como ven sendo habitual no Carballiño, o mes de xullo conta cun programa de actividades moi completo e variado.No que vai de mes puidemos disfrutar do circuito galego de teatro amador, o concerto musical polo Día das Artes Galegas, a presentación do novo libro de Roberto Fernández Álvarez ou a presentación da revista “Ágora do Orcellón”.

Do día 11 ao 13 volve Flores de Cine da mán do Cineclube do Carballiño ás 22.30h no barrio de Flores. O martes haberá dúas curtas, ” Medo me dá” e ” Cen doces”, o mércores o filme “Bellísima” e o xoves ” El extranjero”. O venres 14, ás 12h na Casa da Cultura contaremos ca actuación do Mago Teto “A Maxia dos Contos”, dentro do programa Ler Conta Moito.O mesmo día, ás 20:30h, arrinca o Festival de Música Feito no Carballiño, ca actuación de Sussie Q’s e de Impossiblues.

AVANTAR ACTIVIDADES

O sábado 15, día de feira, celebrarase o Entroido de Verán cun novo modelo respeto a outras edición. O entroido celebrarase pola tarde nos locais de hostelería onde a xente disfrazada poderá disfrutar de un pincho de balde ca consumición e varias charangas percorrerán a vila. Á noite, unha espectacular discoteca móbil animará a xornada cun baile de disfraces na praza maior.

O domingo 16 de xullo haberá sesión doble, ás 19h será a entrega de premios do concurso de micro-relatos OZOCOgz ca actuación de Terra Morena e Mendelúa na Insua dos Poeta se ás 20.30h arrincará o concerto de 4mal Quartet Jazz na rúa Principal dentro do Festival de Música Feito no Carballiño.

O venres 21 terá lugar o espectáculo “Frumario o Bibliotecario” de Manuel Pombal ás 12h na Casa da Cultura. Ó día seguinte, o sábado 22 será o turno de Pakolas na rúa Curros Enríquez,da man do colectivo Avantar.O luns, víspera de festivo, ás 20:30h na rúa Principal, será o concerto de Sezz&convidados dentro do Festival de Música Feito no Carballiño.

Pechando o mes, durante os días 28,29 e 30 será o turno para os amantes do motor ca celebración do rallie Carballiño-Pazo Tizón. Ademáis, o sábado 29 celebrarase o tradicional Festival de Habaneras que organiza a Coral do Orfeón, ás 20:30 no Auditorio Municipal Manuel María e o domingo ás 21h, na Insua dos Poetas, terá lugar unha visita teatralizada  organizada pola Asociación Cultural Platea Lúa. Ademáis, o día 31, luns, arrincará  a Semana Grande para Pequeños.

Tamén hai que recordar que durante o mes de xullo se atopan varias exposicións fotográficas do colectivo O Potiños espalladas por diferentes lugares da vila, onde destacamos a do concello do Carballiño, que leva por título ” As miradas de Emilia Pardo Bazán”.  A estas tamén hai que sumar a exposición de pintura e escultura “Arraigo” de Joaquín Moldes González do 14 de xullo ao 16 de agosto no Auditorio Municipal Manuel María, co horario de luns a venres de 11 a 14h e de 17 a 21h, e sábados e domingos de 11 a 14h.