MIT: gran afluencia de público

An noites máxicas e trascendentes do teatro galego están cada día en Ribadavia, no Castelo. Pero tamén nas parroquias se está rexistrando unha afluencia moi elevada e unha gran satisfacción do público.

Nas imaxes que engadimos, pódese percibir claramente o apoio do público en cada unha das actividades e espectáculos que se presentan nesta 39 edición. Público disposto e receptivo para o novidoso, o diferente, o innovador. Na MIT, o público sabel que non vai atopar un programa conformista ou de Baixa calidade, senón un  programa para disfrutar, aprender ou mesmo discrepar, pero sempre con aposta clara pola descuberta e a posta en valor da arte como valor social, fronte ao entretemento descoidado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe mércores, poderemos atopar no Castelo a adaptación para este espazo do espectáculo Fráxil, dirixido por Ana Vallés, un cadro en movemento onde a luz, as coreografías e as palabras se entrelazan coas pedras a ceo aberto para ofrecernos a experiencia marcante, quizais para o teatro, de ser unha das últimas representacións de Matarile Teatro.

No que resta de semana, haberá un intenso programa de espectáculos, xornadas de teatro galego na transición, entrega de premios, Residencias Artísticas, cursos ou visitas teatrais polos lugares históricos do teatro dos 70 en Ribadavia coa compañía Os Quinquilláns o sábado 22, etc.