O concello toma medidas para paliar a proliferación de pintadas no barrio de Flores

A restauración do cruceiro da Eira de Flores por parte do Concello do Carballiño, a fin de eliminar as pintadas neste elemento patrimonial, foi unha das medidas tomadas pola Concellería de Servizos Públicos e Medio Ambiente para tentar paliar a proliferación de ‘grafitti’ e os actos vandálicos que se veñen rexistrando no casco vello da vila e que están a suscitar queixas por parte da veciñanza. Sen embargo, as pintadas xa abranguen a meirande parte das rúas do barrio, chegando incluso ao mesmo cruceiro.