O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da IV feira agrícola, de maquinaria e da pataca Alimagro

.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na Deputación Provincial na presentación da IV Feira agrícola, de maquinaria e da pataca ALIMAGRO, que conta co apoio da Xunta e se desenvolverá en Xinzo de Limia o  1, 2 e 3 de setembro, co obxectivo de promocionar o cultivo da pataca, ademais de presentar a público e profesionais as principais novidades aparecidas no sector da maquinaria.