O Festival Espírito Ribeiro chega a Arnoia, Castrelo e Cenlle esta fin de semana

Esta mañá foi a presentación oficial dunha nova edición do Festival Espírito Ribeiro que terá lugar en Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle. Unha cita para desfrutar de música, sabores exquisitos e produtos locais. Un xeito de honrar á Denominación de Orixe mais antiga de Galicia.

Serán tres días, do 1 ao 3 de setembro, nos que poderemos deleitarnos cos cinco sentidos. Unha programación para tódolos gustos. Desde as cautivadoras melodías da Real Banda de Gaitas de Ourense, xunto coa incríble voz de Lucía Pérez, ata a destreza musical de Xabier Vizcaíno, os éxitos interpretados por Wondercovers e Top Secret, os fascinantes ritmos da Banda de Nash e Doctor Slump e a maxia do Mago Teto, todo en perfecta harmonía para entreter a públicos de todas as idades!

AVANTAR ACTIVIDADES

Prepárate para celebrar o auténtico Espírito Ribeiro!