A andaina e carreira de Maside abren o prazo de inscrición

O domingo 17 de setembro a vila de Maside celebrará a XVI Carreira Popular e a XV Andaina. O evento deportivo comezará ás 09:30 horas coa saída dos participantes dende a Alameda, cunha distancia a percorrer de 13.500 km.

Tanto a saída como a chegada da Carreira Popular e da Andaina situaranse na rúa Principal, á altura da avenida da vila. O prezo de inscrición para a Carreira Popular, nas categorías xuvenil e sénior será de 5 euros, que neste caso irá destinado a Aspadisi. As modalidades de pitufo e infantil terán inscrición gratuíta.

AVANTAR ACTIVIDADES