Os feirantes preparan as atraccións para as festas do San Cibrao

As festas patronais do San Cibrao do Carballiño están a piques de comezar e xa está todo case listo. O pasado luns a medianoite comezaban a chegar os feirantes, algúns deles xa teñen todo preparado para facer desfrutar a nenos e adultos e outros aínda están en proceso. Este ano contaremos con clásicos como o Saltamontes e os coches de choque, ou as Tortugas Ninja para os máis pequenos. Tamén está en montaxe unha das máis chamativas, “La uve”. A súa ubicación, coma nos últimos anos, ocupa as rúas Conde Vallellano, Julio Rodríguez Soto e o entorno da Igrexa da Veracruz, así como algún postos na rúa Curros Enríquez. Todas elas sofren limitacións de aparcamento e tamén de circulación sinaladas ata o día 22.

Dende mañá xoves comezan de xeito oficial as festas, aínda que non será ata o venres cando comece a programación oficial, coa charanga Castro Bello e bombas de palenque e o grupo Assia pola noite. O sábado, día de feira, tamén será un dos días de maior afluencia e actividades.

AVANTAR ACTIVIDADES