O Partido Popular do Carballiño levará a pleno a vindeira semana dúas mocións. A continuación ofrecémoslles o texto completo da exposición de motivos e das súas peticións.
MOCIÓN PARA A XESTIÓN DO PARQUE MUNICIPAL
Exposición de Motivos: Situación actual da xestión do Parque municipal.
O parque municipal sufre un severo abandono dende fai anos cunha nula xestión municipal
Existe moitas especies aloctonas de grandes dimensións con perigo de caída co perigo que supón as persoas e os bens.
A xestión das masas forestais e nula non se fan claras nin podas en ningún rodal; sólo se extraen os pés cando caen polos fenomenos atmosfericos e pola competencia existente.
Temos a casa abandoada nas barcias na que nin se fai nada nin se prevee facelo.
Nas zonas cercanas o rio cando chove moito, producense avenidas que provocan que augas fecales acaben no rio e se encharquen no paseo do rio.
O abandono por parte do Concello do parque é total non existe mantemento das pasarelas nin os paseos de madeira co problema de posibles caídas de persoas.
A Casa das barcias co problema de inseguridade que presenta.
Por todo isto, o Grupo Municipal Popular propón ao Pleno a adopción dos seguintes
acordos:
• Facer un Plan de Ordenación dos Recursos do parque
• Facer un Plan rector de Usos do Parque
• Ter unha brigada de obras multiples (forestales, mantemento todo o ano)
• Arranxo do problema da Casa das Barcias.
MOCIÓN PARA A REPOSICIÓN OU ARRANXO DE MOBILIARIO URBÁN E ILUMINACIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Carballiño é unha vila cun potencial arquitectónico, construtivo, con espazos verdes, con instalacións deportivas, con ocio, cultura, turismo…..que moitas outras quixeran para si, pero temos un gran problema que é a imaxe que se está dando dela.
Despois de vir observando a deixade, a falta de organización, de preocupación, o non chegar as cousas cotiáns, de mirar cara outro lado por parte do grupo de goberno, que por outra banda é a tónica xeral da última lexislatura e do que levamos desta; das queixas veciñais, de pasear polas nosas rúas e atopar sempre a mesma desidia, etc…..nesta moción non facemos mais que dar traslado de todo eso que nos chega, (como as farolas fundidas de San Fiz de Baron, reclamación posta o 01/09/2023 a través da sede electrónica do concello e que a día de hoxe, nin se contestou nin se solucionou), e do que nós mesmos observamos nas rúas e nas parroquias.
Imos dar a coñecer cuns testemuños fotográficos, para que así non de lugar a dúbidas, o mobiliario e demais obxectos nos que urxe a seu arranxo ou cambio. Non son todos, por suposto, pero é para que se fagan unha idea de como está a vila, precisamos un pobo que proxecte unha imaxe distinta, no que nos sintamos a gusto, o que se poña coma exemplo, ao que elixan para vivir, que atraia a xente, en resumo o que se di un entorno agradable.
Un dos puntos no que é preciso actuar é a falta de iluminación que nos atopamos na rúa, o que implica unha percepción de inseguridade, de risco, especialmente entre a mocidade e persoas vulnerables e tamén para calquera de nós. A quen non lle gusta pasear polas rúas nas que se teña a sensación de confianza, sexa a hora que sexa? polo que é preciso dobrar esforzos, para evitar espazos mal iluminados ou con sistemas de iluminación deficiente, o cal converteuse xa en tendencia.
Dentro dos plans do concello, atópase a renovación e modernización do alumeado público, sen embargo, e pese a que algo se avanzou séguese adoecendo da iluminación adecuada en moitos puntos.Son moitas as queixas veciñais neste sentido, por deterioro de farolas ou falta de luz, tamén os comercios inciden nesta situación. No verán todo pasa mais desapercibido pero é no inverno, nas dúas próximas estacións cando
mais se nota. O parque, o redor das instalacións deportivas, onde se sitúan os fogares mais afastados do centro, as parroquias… son zonas que actualmente teñen deficiencia na iluminación…
Aplicar solucións LED adaptadas ao paisaxe urbano, incluso sistemas de control para garantir un maior aforro enerxético é preciso debido o ascenso no prezo alcanzado pola luz nos dous últimos anos e a repunta que se está a producir nestes últimos meses, o mesmo tempo con estes cambios contribuímos a ter un concello mais sostible e lograr unha redución no consumo enerxético, ademais de mellorar os niveis de iluminación, en definitiva mais eficiencia, rendibilidade e confort para os nosos veciño/as, e por outra banda pomos o noso grao de area no entorno medioambiental.
O seguinte punto e non menos importante, xa que todo está relacionado ca imaxe que dá O Carballiño como vila e as súas parroquias, coñecido por todos os representantes deste concello, é o malestar dos veciños/as polo mal estado ou deterioro do referente ao mobiliario urbano, xa sexan papeleiras, contedores, bancos, xardineiras, fontes, incluso as beirarrúas con baldosas en mal estado, o que ten causado accidentes aos usuarios, especialmente persoas maiores con caídas, por non dicir tamén as dificultades que entraña para persoas con mobilidade reducida etc…
Todos estes problemas levan tempo afectando as infraestruturas viarias e peonís pero simplemente se adoptan medidas puntuais, a penas visibles e a moi curto prazo, sen valorar un plan integral contando cos informes e achegas dos técnicos das diferentes áreas (medio ambiente, mobilidade, urbanismo…), precisamos un seguimento posterior de todo elo e se queremos unha vila e contorna limpos e accesible o primeiro é dar exemplo, poñamos en marcha todos estes mecanismos. Outra vez, e visto que vostedes non son quen de patear as rúas e preocuparse polo día a día dos veciños/as e da imaxe deste concello, e se o fan, será ollando cara outro lado, nós estamos a facilitarlle o traballo.
Por todo o exposto anteriormente,
SOLICITAMOS:
- Impulsar un plan de mellora no alumeado público, facendo fincapé naquelas zonas con iluminación deficiente ou sen ela, cambiando as bombillas actuais polas de baixo consumo.
- Elaborar unha relación de incidencias onde se recollan todas as necesidades que hai no noso concello respecto a infraestruturas peonís, viarias e de mobiliario.
- A substitución ou arranxo do mobiliario urbano, (no Anexo danse a coñecer diferentes queixas) e un seguimento por parte do concello.