O BNG traslada ao pleno do concello do Carballiño por vía de urxencia as deficiencias detectadas na atención pediátrica do Carballiño para esixir á Xunta medidas correctoras urxentes.

Sofía García ” é imprescindible a presión municipal do goberno local para que a Xunta asuma as súas obrigas coa veciñanza do Carballiño”

Ourense, 25 de setembro de 2023. Sofía García, voceira nacionalista do Carballiño, trasladará ao pleno municipal  do vindeiro xoves unha moción por vía de urxencia para  demandar da Xunta de Galiza  “impulsar asmedidas urxentes necesarias para garantir a cobertura de todas as prazas de pediatría do Carballiño así como a planificar a cobertura do servizo en horario de tarde e de urxencias.”

AVANTAR ACTIVIDADES

A iniciativa da formación nacionalista no Carballiño ven,  tras  rexistrar tamén no parlamento galego, a través da deputada Noa Presas, unha iniciativa para “coñecer cales son as medidas que prevé o Goberno galego para blindar o servizo pediátrico no Carballiño ante a xubilación dunha das profesionais, para solicitar o impulso de medidas urxentes para garantir a cobertura de todas as prazas de pediatría así como a cobertura do servizo en horario de tarde e urxencias e o reforzo de xinecoloxía e do servizo de matronas”

Pais e nais da zona do Carballiño denunciaron a finais de setembro dificultades para obter cita e suspensións do servizo, sinalou a voceira do BNG do Carballiño, ademais de que ata o momento estaban a contar cunha praza emedia de pediatría que, ante unha xubilación, se ve reducida sen que o goberno galego fagapúblico como vai manter e garantir o servizospara unha localidade de máis de 14.000 habitantes.

Desde o BNG xa se denunciou en diferentes ámbitos institucionais que O Carballiño acumula problemas de cobertura da pediatría ademais de continuar necesitando o reforzo de xinecoloxía ou das matronas.

A situación da atención primaria en xeral e pediátrica en particular están a vivir un momento preocupante en Galiza como consecuencia da falta de planificación e de investimento económico por parte do gobernogalego.  “Así mesmo, aínda que as asociaciónsprofesionais estiman que nos próximos anos se xubilarán arredor de 80 pediatras, o Goberno galego segue sen planificar o seurelevo, afondando na precariedade da asistencia pediátrica”.