Carmen Dacosta traslada as denuncias da ANPA da supresión pola prazas de profesorado a pesar de aumentar o alumnado e da desprotección dos alumnos con necesidades especiais.

O grupo socialista censura que o PP se negue a recuperar a praza de coidador para alumnos con necesidades especiais do Ceip a Ponte de Ourense

. A deputada socialista Carmen Rodríguez Dacosta censura que o PP se negase este venres no Parlamento de Galicia a recuperar unha praza de coidador suprimida no CEIP A Ponte de Ourense para os alumnos con necesidade especiais. Lembrou que pasaron de catro a dous coidadores en apenas dous anos, a pesar de aumentar o número de alumnos matriculados e considera que isto “vulnera o seu dereito á integración”.

AVANTAR ACTIVIDADES

A deputada ourensá reclamou na Cámara galega reversión dos recortes realizados nestes últimos anos neste centro educativo da cidade das Burgas. Trasladou así as demandas da dirección do centro, o profesorado e a ANPA do mesmo, aos que agradeceu especialmente a súa mobilización para lograr que a Consellería de Educación recuperara a a praza dun profesional de pedagoxía terapéutica anteriormente suprimida.

“VEN NÚMEROS EN LUGAR DE NENOS”

Carmen Dacosta remarcou as palabras das ANPAs galegas, moi críticas coa Consellería de Educación á que acusan de seguir unicamente o criterio económico, “continuando na consideración de que todo gasto é un malgasto e no desinterese absoluto por mellorar o ensino público”. “Ven números en vez de nenos e non miran en mellorar a calidade do ensino”, inquiriu a deputada.

Noutro ámbito educativo, Dacosta denunciou que os recortes sufridos polo centro esténdense ata a supresión de dúas prazas de mestres de educación infantil, a pesar do aumento de matriculados, polo que apuntou ao grupo popular que dende o goberno aplican os ratios de alumnos por aula segundo lles conveña.