Comeza a vacinación en Ourense do virus sincitial para os bebés nados dende abril

Esta semana comezou nos tres hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras, a vacinación masiva fronte ao virus respiratorio sincitial, dos  bebés nados dende o 1 de abril deste ano, para a que se convocarán en Ourense ao redor de 700 nenos e nenas.

Os virus sincitiais son a causa máis frecuente de ingreso hospitalario dos lactantes, ou dos nenos máis pequenos. Son virus moi frecuentes, en nenos e adultos, que infecta os pulmóns e o aparello respiratorio, causando síntomas parecidos aos dun arrefriado, pero nos bebés, prematuros ou nenos cun sistema inmunitario debilitado, pode causar unha infección grave, e derivar en pneumonía e bronquiolite.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os pais e nais non teñen que pedir cita nin facer ningún trámite, recibirán unha mensaxe, vía SMS, do Servizo Galego de Saúde.